terça-feira, 22 de junho de 2010

alxía.


deixei á “pater” para amala terra
doente dunha enfermidade incurable
padecer como un soldado grego
a dor por estar lonxe
e aquí entre mortos preso
polo cheiro que lembro
ferver na eira da miña casa
á mañanciña
todo o aire que respirei
preñado da terra onde nacín
deixada a forza
por querer ser cidadán
e non súbdito
para vivir coma un nostálxico
fora do espírito, sen anima
na lexania
e padecer coma un criado
para morrer como un amo
neste campo de batalla
sostendo tódalas estacións
¡non basta dicilo!
non hai inocentes fames
nin lume que non arda
irémonos todos, todos
deixada esta mentira
ata que non quede naide
nesta “idea” que morreu antes de nacer
non hai soños errados
dende fora todo vese nidio
non hai palabras ambiguas
nin liberdades gratuítas
non morre quen nace morto
morre quen converte en desinterese
as inxustizas pasadas
ide e predicade esta inxustiza
fora da patria
e decide sen rubor
que non hai destino común
nin pasado histórico
que aínda non se enfrontaron
os obreiros e os patróns
e que queda moito para deixar de ser da manada
para volver para sempre á terra.


Enrique Leirachá.

5 comentários:

  1. Bravo!. Meu aquí estas ti dándoo todo, sen doces caramelos así tal cal e no teu blog uns do sexop sorprendidos e felicitándote. Moi bo. Vaia.UN

    ResponderEliminar
  2. Alto e conmovedor lino varias veces e os significados renóvanse coa lectura. Ceto véndonos dende fora /ide e predicade esta inxustiza/e a partir de aquí.A verdade a realidade a nosa realidade seria ben diferente. Todo. PARABÉNS.

    ResponderEliminar
  3. Ben collida a idea de patria en contraposicion ca de terra. Terra seria ou supoño o conxunto de individuos con lazos semellantes(cultura, raza, lingua...) que desexan vivir en comunidade e decidir por eles mesmos(autodeterminación).Esto esta lonxe de acontecer por que nin lazos semellantes nin vida en común e o que é máis importante nin decidir por nos mesmos.Isto si que é pasado historico.
    Toda a razón. E moi bó o teu blog un agrado para a merda que abonda na rede.

    ResponderEliminar
  4. Concordo con que é un gran poema. Incisivo, crítico, fervedoiro de ideais, coma ti mesmo... Véxote centrado e con puntería...

    Grazas por seguir escribindo...

    Ánimo

    AALA

    ResponderEliminar