domingo, 31 de outubro de 2010

As primeiras imaxes do Círculo

Na foto superior, de esquerda a dereita: Belém Grandal, Fátima, Iolanda Aldrei, Roi Ferreiro, Ledicia Costas, Gaspar Domínguez, Adriana Pérez, Alfonso Rodríguez, Enrique Leirachá, Cruz Martínez, Pere Tobaruela, rosanegra e Iria Bragado.



...Nós, Penúltimo Acto, gozamos cos cinco sentidos deste acto que é tan voso coma noso.
Estes Círculos son de todos e queremos que o lembredes, porque sen vós non terían ningún
sentido.

A lúa chamounos co seu canto querendo enmeigarnos e simulando que era
unha serea. Mais esta vez, non fixemos coma Ulises e deixámonos
enfeitizar polas candeas que simularon estrelas no firmamento.
Nesta lúa minguante que non mingüen as nosas ganas de traballar pola creación e
SIGAMOS XUNTÁNDONOS todos os meses, para vivir entre ideas,
desexos, sentimentos e palabras.

Estes Círculos Poéticos representan para Penúltimo acto un soño. Soñamos
que a lúa abre os seus brazos acolléndonos agarimosa para deixarnos
durmindo nun berce feito de vía láctea e das notas da nosa nación
branquiazul, por iso, nós soñamos en galego.
Grazas por abrir e pechar connosco... este Círculo Poético Aberto.

quarta-feira, 27 de outubro de 2010

Este sábado no café UF

Compartirán connosco este serán de música e poesía: Iolanda Aldrei (poesía) Pere Tobaruela (autor da novela " Na cerna da selva") Belém Grandal (poesía) Jose M. Garnelo (música, audiovisual) Gaspar Domínguez (poesía) Alfonso Rodríguez (poesía). Confirmaron a súa participación neste acto: Iolanda Aldrei (poesía) Pere Tobaruela (autor da novela " Na cerna da selva") Belém Grandal (poesía) Jose M. Garnelo (música, audiovisual) Gaspar Domínguez (poesía) Alfonso Rodríguez (poesía) Ledicia Costas (poesía)...

segunda-feira, 25 de outubro de 2010

A cor da auga

A túa cor é a cor da auga,

oh corpo da linguaxe,

alí onde a auga é

lévedo, raio ou lume.


A auga acéndese e convértese en raio, convértese

en lévedo e en lume,

en nenúfar

que pide a miña almofada

para durmir...

Oh río da linguaxe,

viaxe comigo dous días, dúas semanas

[polo lévedo dos secretos,

recolleremos mares, descubriremos madreperlas,

choveremos rubís e ébano,

aprenderemos que a maxia

é unha fada negra

que non se namora máis que do mar.

Viaxa comigo,aparece aquí...desaparece alí...

e pregunta comigo, oh río da linguaxe,

pola cuncha que morre para converterse

en nube vermella

de choiva,

en illa

que camiña e voa,

pregunta comigo, oh río da linguaxe,

por unha estrela cativa

nas redes da auga

que leva entre os seus peitos

os meus últimos días.

Pregunta comigo, oh río da linguaxe,

por unha pedra da que brota a auga,

por unha onda da que nace a rocha,

polo animal do almiscre, por unha pomba de luz.

Descende comigo pola lumieira das tebras

ao lugar

onde habita o tempo roto,

para que a linguaxe sexa

un poema que se viste co rostro do mar.


ADONIS (Siria)

Traducido ao galego por rosanegra

quinta-feira, 21 de outubro de 2010

João Rios

o funâmbulo distende as suas asas em arcos de fogo
na linha que divide a estrada
num dos lados as chamas reflectem cáries e órbitas
deslumbradas
no outro a sua história prossegue e agudiza as flores
do sangue nos degraus das suas caras

domingo, 17 de outubro de 2010

Encontro Poético

Cruz Martínez e rosanegra no momento da súa participación.

Penúltimo Acto estivo onte no Café Moderno (Fundación Caixa Galicia en Pontevedra).
Fomos convidados polo editor e poeta Fernando Luís Pérez Poza para recitar no acto conmemorativo.


terça-feira, 12 de outubro de 2010

salvapatrias.


todo o día ocupados, manexando
sen arranxar nada que se saiba
pendentes dun fío
aprender a nadar na propia falsidade
esa mascariña obxectiva
do salvapatrias científico
cun marxe de error minúsculo
e entendemento perfecto
traizoados polos músculos
becarios cerebrais e eternos
que importa esta pifia
vivir na inopia
cando se trata de con uñas e dentes
defender a vosa sagrada obra
mentir polo ben alleo
converter á vítima en agresor
sabedes todo
dende o que pensamos
ata o que comemos
estes novos profetas
armados dun libriño en cada man
tratando de topar aínda
o estado utópico
entre a súa urticaria estalinista
pobres salvapatrias
dades por feito
que a vosa existencia
remontase ao inicio dos tempos
que seria do pais sen tales próceres
da lingua, do universo
e da eficacia dos antibióticos
salvapatrias
exentos de escrúpulos
estades empeñados en crer
que só sabedes vos o que quere o pobo
seguide ignorantes
a levarlle brotes de acacia negra
aos vosos ilustres defuntos
coa vosa cabeza chea de loureiros
pois a liberdade é pouca cousa para vos
así se van as cidades e os seres
ditosos confidentes
sodes peor que os porcos
non se vos aproveita a carne
non se vos aproveita o abono
nin para facer lume vale a vosa dialéctica
salvapatrias patéticos
non axudades nin a pasar
o mais debil dos invernos.

Enrique Leirachá.

sexta-feira, 8 de outubro de 2010

O PAN,

o alimento que nutre

a milleiros de persoas

no pasado

no presente

no futuro

O PAN, de cada día

O PAN,do traballador

a masa fermentada

o formato calorífico

o sustento corporal.

O PAN é eterno

atemporal

sinxelo e perfecto.

Eu, quero aquel pan

o pan da PANIFICADORA

o que ten historia

o que hai escrito nas pedras

que adormecen esquecidas

na gran cidade gris

e o edificio segue ulindo

a PAN,

e a tempos pasados.

Eu só quero, pan...

DÁDEME PAN!!!


rosanegra