sexta-feira, 30 de dezembro de 2011

A Haití.

Caeu o pardal do niño,
nas mans dos nenos está.

Preocupados os miúdos:
Rompería as ás?
Terá fame?
Estará doente?
Terá frío?

Volve a correr o balón,
as canicas,
as agachadas,
os risos,
a pita.

Foi desvelo e novidade un tempo,
nas mans da sombra está.

Marcos Pardo

sexta-feira, 23 de dezembro de 2011

3 días de impostura

Cada vez que se estrea unha longametraxe cuxa trama consiste nun, máis ou menos elaborado, desastre apocalíptico, a min atácame un fastío esgotador. Hai clásicos que paga a pena ver varias veces, mais as producións actuais son, basicamente, calcos de tramas anteriores, refritos cun orzamento para efectos visuais moi alargado e pouco máis. De entre os tipos de desastres, un dos que máis atemoriza consiste nun impacto dun meteorito inmenso que destrúe a especie humana. Supoño que existe certa consciencia de que isto mesmo é o que puido ocorrer no caso dos dinosauros.
Curiosamente, este tipo de desastre posúe moi pouca base científica, debido a que hai contra un milleiro de observatorios astrónomicos na Terra, alén doutros métodos, que poderían detectar unha ameaza desta envergadura. A caricatura grotesca dun freak, comedor de pizza-pepperoni, a escuras, fitando unha ou varias pantallas, chamando asustado co rostro desfigurado polo horror, non é máis que iso, unha caricatura grotesca e hollywoodiense. Non podo aseverar nada arredor dos costumes da comunidade astronómica: se todos comen comida italiana, se as gardas de noite fanse obrigatoriamente en sala a escuras... Non o sei.
Con iso e con todo, con certeza centos ou milleiros de olladas barren o ceo na procura de obxectos de diferente natura. Buratos negros, púlsars, estrelas de todo tipo -desde a superxigantes azuis até as ananas vermellas-, sistemas planetarios, planetas, lúas e meteoros. Abertamente confesa, hai unha arela por atopar un planeta con características semellantes ao noso que propicio o achado dun conxunto de mundos estraños e marabillosos: os planetas carbono, os xigantes gasosos, as superterras...
De entre todos estes obxectos, despertan en min unha sensación rara os planemos. Un planemo é un planeta sen estrela que orbitar, xa que, ao se formar o seu sistema solar, saíu del despedido pola forza centrífuga ou por dar un croque cósmico cun segundo planeta. Os planemos son rochas escuras, que vagan polo universo sen unha ruta definida, que, aínda que quizais puideren ser cativados pola forza gravitacional dunha estrela, vense na obriga de se valer a si mesmos, en soidade, quizais coa axuda das lúas que o poidan acompañar ao longo do espazo.
Quizais haxa un planemo o suficientemente grande como para poder manter arredor de si propio unha atmosfera estábel. Quizais posúa un núcleo incandescente grande de abondo como para manter unha temperatura constante. Quizais xurdise certa combinación de gases, convenientemente licuados e ligados. Quizais algo se mova na súa cortiza...
A resposta ha de nola dar a ciencia, unha ciencia sen máis límites que dos da razón.

Fumador impostado
(nick internáutico de Alexandre Insua Moreira)

sexta-feira, 9 de dezembro de 2011

Um dia



O 7 de decembro foi presentado no Café Uf. Ás 21 horas.     


um dia libertar-me-ei
do corpo que carrego              
dia após dia
um dia cruzarei os céus
planarei sobre os oceanos
dia após dia
até me encontrar

conquistarei a liberdade
e desenharei nos céus
um sorriso azul
para os que acreditam
no sonho feito realidade

um dia
direi em voz de silêncio
obrigado por tudo...
fez de mim incansável

obrigado por me terem amado
mesmo das formas mais estranhas
obrigado por teres existido
mulher
companheira
sonho
vida


Nota: Um dia, talvez eu escreva mais sobre um dia.
04.10.2010

Jorge d'Além-Mar

domingo, 4 de dezembro de 2011

A GRELHA MERECIDA E SOBRE A FERIDA AQUECIDA




(No princípio era ignoto,um país à deriva na cauda do seu tempo.Com muito suor e artes mágicas olhou-se ao espelho, tomou conta de si e desafiou o futuro. Essa foi a aventura narrada na primeira edição do VOLTE-FACE; um percurso de auto-descoberta, de transformação individual e colectiva: a poesia de intervenção.
Lançámos assim -há um ano- as amarras do sonho na realidade. O tornado das ideias agitou este campo. Tornados agora, entornamos mais um número, mais palavras, mais imagens, novas participações.
Um volte-face é surpresa, imprevisto,reversão e turbilhão. Assim o é a periodicidade da nossa publicação.
Como tema desta edição propomos a reflexão poética e crítica sobre os conteúdos -acessórios e essenciais- inerentes às imagens mediatizadas e ao imaginário colectivo a que elas reportam, aos quais se adere ou não.)

Fragmento do escrito de Sara Évora Ferreira & J.C. Jerónimo

segunda-feira, 28 de novembro de 2011

(Un poema é o negativo do silencio...) Yannis Ritsos

Crarean as mans pola resequedade
están brancas de alerxias
están abafadas de células nai
mais muda a pel
como muda o pelo nos gatos de maio
cada intre que pasa son menos eu
e no espello só miro para ollo de sangue
infraestruturas quebradas
caen como os berros dos nenos e nenas
ao saíren das aulas
botan adrenalina pola boca
mentras eu trágoa rebozada de fume
soa a soedade nas campás da catedral
mentras pasa un carro hipotecado pola rúa mollada
hai centos de maneiras de comunicarse
eu escollín a dos indios
sendo fillo de vaqueiros
cunha sensibilidade especial polos sorrisos
que non gasto
que non vés polo meu egoísmo
fundado por unha ética arcaica
pisoteada...en perigo de extinción.

ALFONSO RODRÍGUEZ

segunda-feira, 21 de novembro de 2011

Poemas do mundo e meio

                     I

Costuramos histórias com o barro
nas jornadas de lua,
lume em dor.
Prendida está a tardinha por sonhar
quando tendem as irmãs carícias
sobre a areia do mundo,
este chão de dança e solidão,
esperança telúrica dos ventos
que não sabem calar,
que não querem calar,
nós...

Iolanda Aldrei

Poema do libro "MULHERES entre poesia e luita". Unha colleita de versos de 22 voces femininas que cantan ao unísono na busca da xustiza e a igualdade; Andrea Nunes Brions, Belém de Andrade,Belém Grandal, Concha Rousia, Cruz Martínez, Dores Tembrás, Elvira Ribeiro Tobío, Eva Veiga, Fátima, Irene Veiga, Lucía Novas Garrido, María Nieves Soutelo, Margarita Ledo, María Reimondez, Marisa, Montse Varela, Rosa Enríquez, rosanegra, Susana Sánchez,Valentina Carro, Yolanda Castaño.


domingo, 13 de novembro de 2011

O último Círculo Poético Aberto do ano, ata xaneiro!

Jaime Moreda, rosanegra, Camila Vardarac, Servando Barreiro, Henrique Doria, Cruz Martínez, Virgílio Liquito, Fernando Rodríguez, Iria Bragado...  Foto de grupo tirada por Paola.

Público e amigos compartillaron momentos de poesía e música.



Disociais. Format réduit ( Daniel Landesa  e Isaac Mariño) 
Manolo Pipas



Dende as Açores Fernando Martinho Guimarães.


Ledicia  Costas



De São Paulo Nadia Afonso Stabile.

Penúltimo Acto (Cruz Martínez e rosanegra) quere agradecer a todos os participantes, amig@s, público que se achegaron ao último Círculo do ano. Mais lembrade, non é o derradeiro. En xaneiro estaremos de volta!. E agardamos poder contar coa vosa colaboración.
Grazas e saúde!!!

domingo, 6 de novembro de 2011

Únete ao Movemento Circular!!!

Outro mes máis... Seguimos circulando acto tras acto.
Este Círculo Poético Aberto é o último do ano, pero non o derradeiro.
 Achégate e comparte connosco a túa creatividade!

Teremos a Disociais. Format réduit (Daniel Landesa e Isaac Mariño), Fernando Martinho Guimarães (Açores), Nadia Afonso Stabile (São Paulo), Cristina, Alexandre Insua, Fernando Rodríguez, Iria Bragado, Virgílio Liquito... E porque non, agardamos por ti, anímate!.

O Círculo é un espazo en galego e aberto á música,  poesía, performance, audiovisual, etc. Non hai límite! é un laboratorio poético e artístico creado para tod@s.
Que a arte vos acompañe!


quinta-feira, 3 de novembro de 2011

Detrás da palavra


Porque vivo depois da morte
nos universos do trouso
à intempérie                    no escuro,
como pedides o meu canto
se o sol resseca os ossos
dos meus mortos
e... o silêncio dos pássaros
implosiona
nos buracos da antimatéria

No abissal enigma dos universos
na opacidade dos segredos
esvai-se a luz
e... a loucura engatilha-se na minha mente.

José Alberte Corral Iglesias

sábado, 29 de outubro de 2011

CONTRAPICADO DOBRE


DIME que só tu habitas este mundo
e que nunca ninguén me matou repetidas veces

eu crereite pechando os ollos

ou que cando me beixas se concentra o movemento
todo
na amálgama de saliva e carne quente que nos forma

e eu comezareite a bicar para sempre

dime tamén, se fas favor,
que o teu peito espido non agocha a porta das distancias
que nos percorren o alento de boca a boca

dime que a dirección do ondear dos teus cabelos
dime que o tempo na estación de tren en que te agardo
dime que a liña que trazan os teus pés no chan 
[ lambendo lousas

dime como, se fas favor,
e dime e para que te escoito 

Xabier Xil Xardón  (Premio de Poesía)

domingo, 23 de outubro de 2011

No Gaioso

Cruz  Martínez e rosanegra

José Alberte Corral Iglesias
Ramiro Vidal Alvarinho

Fernando
Lola



Onte sábado,  o Gomes Gaioso acolleu o acto "Círculos Poéticos Abertos". Grazas amigos que nos acompañastes no luscofusco poético!.

sábado, 8 de outubro de 2011

Outro Círculo máis...

Aquí con Proxecto Paralelo (Vivianne, María e Raúl)

Nesta cos amigos (Fita, Lorenzo e Araceli)

Outro Círculo que remata, outro mes que acaba cando empeza. O Círculo Poético Aberto xuntou novos amigos, novas persoas que se achegaron e amosaron a súa creatividade. A que agardas!... O próximo es ti!
Achégate ao vindeiro Círculo, contamos contigo.

Moitas grazas a Proxecto Paralelo e a todas as persoas que nos acompañan.

terça-feira, 27 de setembro de 2011

Perché Vigo ispira

Nessuno lo canta
il vento di Vigo
che spazza i palazzi
e infiamma le orecchie
sospinge le folle
e non lascia tracce
poi sfocia nel mare
e perde ogni voce.

Tiziana Cerabino

domingo, 18 de setembro de 2011

Xa temos televisión!!!




Canle televisiva de Penúltimo Acto, creada para a divulgación cultural dos actos organizados polo tándem poético (Cruz Martínez e rosanegra). Tamén se dará cobertura a outros eventos nos que colaboren.
Para ver máis, premer na ligazón.

domingo, 11 de setembro de 2011

Imaxe do Círculo de setembro

De esquerda a dereita: rosanegra, Manolo Pipas,Iria Bragado, Fernando Rodríguez, Henrique Doria,  Alexandre Insua, Cristina,  Cruz Martínez, Carlos Pereira, Virgílio Liquito e Fernanda Garcias.

Outro novo acto que remata cunha imaxe conmemorativa, grazas a Begoña Miguélez a nosa fotógrafa. 
A noite entre amigos culminou cun Viño de Porto que trouxo Virgílio e así, puidemos brindar pola poesía. Grazas por achegarvos ao noso recanto poético, para Penúltimo Acto (Cruz Martínez e rosanegra) sempre é un pracer partillar belos momentos con tod@s vós. Este agradecemento non só é para os participantes (moi importantes para facermos un Círculo), tamén é para os amantes da expresión poética que se achegan a escoitar aos poetas. Todas e todos sodes este Movemento Circular!!!

segunda-feira, 5 de setembro de 2011

MULHERES ENTRE POESIA E LUITA

Liduara Medranho presentando o libro "MULHERES entre poesia e luita".


Andrea Nunes Brions

Iolanda Aldrei 
Cruz Martínez 
Belém Grandal




22 voces femininas que pretenden ser "...um berro unánime de denúncia das injustiças  que nos causa o poder e domínio  masculino..."


A presentación deste libro colectivo fíxose o sábado 3 de setembro ás 12:00 nas Murallas de Salvaterra de Miño, nas Covas de Dona Urraca, no famoso xa XXV Festival de Poesía. 
As 22 voces que integran este grupo de MULLERES poetas son: Andrea Nunes Brions, Belém de Andrade, Belém Grandal, Concha Rousia, Cruz Martínez, Dores Tembrás, Elvira Ribeiro Tobío, Eva Veiga, Fátima, Iolanda Aldrei, Irene Veiga, Lucía Novas Garrido, María Nieves Soutelo, Margarita Ledo, María Reimondez, Marisa, Montse Varela, Rosa Enríquez, rosanegra, Susana Sánchez, Valentina Carrro e Yolanda Castaño.
Grazas á Assembleia de Mulheres do Condado a AMC. Foi posíbel sacar esta primeira edición cunha tirada de 300 exemplares, deseñada e maquetada por Eva Miranda. Despois dun longo proceso e grandes atrancos saíu do prelo esta xoia literaria  que xunta 22 féminas, para loitar contra o patriarcado e o capitalismo que crea unha desigualdade e unha crise sistémica que enferma a toda unha sociedade.

domingo, 4 de setembro de 2011

POR UN RIBEIRO POÉTICO...

Ramón Caride  nun momento da súa conferencia

Dara Escribano declamando no Recital Poético.

Xosé Lois García recitando no Acto Poético.

Imaxe de Cruz Martínez  nun intre do Recital.

Wladimir Dragossán no seu momento Poético.
O venres 2 de setembro, Ribadavia inaugurou as súas I XORNADAS LITERARIAS. O evento cultural foi no Club Artístico de Ribadavia e entre outros actos, houbo unha Mesa Redonda ás 21:00 e un Recital Poético ás 23:30. As/os poetas e relatores fixeron unha louvanza ao Viño do Ribeiro.