segunda-feira, 29 de agosto de 2011

Realismo NAS


Existe un realismo
máis aló da realidade,
un naturalismo
máis aló da natureza
habitan... abstraídos
no surrealismo
e embebidos no misterio,
de formas e cores
reflectidas nun microcosmos
tan universal, que semella
o verdadeiro universo
repregado sobre si mesmo.

Viven, nesas moléculas
entrelazadas por pinceis
e movementos no luscofusco,
as figuras tridimensionais
saen dos espazos
para entrar polas nosas meniñas
atravesando cranios
ata o occipital, e aí,
ser aínda máis...
perduran fortemente agarrados
introducidos en nós
para seren perfectos
sublimes, etéreos,
e inmortais...

Moran na alma do pintor
son partículas luminarias,
enerxía cargada de creación.

rosanegra

segunda-feira, 22 de agosto de 2011

O soño da modelo

"Soño" obra pictórica de Diego de Giráldez.

Poema baseado neste cadro  


Teño un mundo acubillado na miña boca
translúcido
Outro xace na superficie
No trazo do meu ventre
Definitivamente
son unha muller que permanece impávida
O elemento senlleiro nun cuadrilátero
Levítanme pequenos universos cara o meu ombreiro
Deséñanseme átomos circulares na chambra azul
e os meus ollos
pérdense no fondo nigru
impenetrábel
e fico, neste soño que se repite
unha e outra vez
Suspensa neste marco NAS
Natural, Abstracta, Surrealista, Real

A miña imaxe vai comparecendo aos poucos
na escura tea
Na escena melancólica dunha noite pecha
Estou inmersa na culta enerxía
que reflicte do cadro
Unha porción de madeira marrón
sostenme
e eu, habilito a penumbra deste lenzo
coma un limiar
Ábrense diálogos, transcricións
pecho os ollos
e a luz transita polos interiores
coma un facho
coma un mainel
Tan só
a existencia xacía pronta a expresarse
na harmonía que mora neste fragmento
na liña que evoca as lindes
do tempo e da memoria


Cruz Martínez 

terça-feira, 9 de agosto de 2011

5º Aniversario Casa Museo Diego de Giráldez

O pintor falando da súa obra.

Rosa, Cruz , Diego e Elfa posando ao rematar o acto.
 

rosanegra recitando un poema inspirado no Realismo NAS

Cruz Martínez recitando uns versos a un cadro do autor.


Sábado 6 de agosto, A Cañiza.

Celebrouse o acto de apertura do Museo, na Casa da Cultura Municipal ás 19:00 horas. Este recoñecido pintor que creou unha realidade enchoupada de misterio, chamada Realismo Nas, encheu coma sempre un auditorio entusiasmado e admirado pola grande obra artística dun xenio do pincel.

Diego de Giráldez realizou 346 exposicións e os seus cadros conquistaron 140 museos de 16 países de África, Asia, América e Europa. Ten unha bibliografía de 32 libros e escribiron sobre el distintas personalidades: Críticos de arte, políticos, poetas, escritores...

Non perdan a oportunidade de achegarse á Casa Museo Diego de Giráldez, quedarán sorprendidos e certamente... repetirán.

sexta-feira, 5 de agosto de 2011

Rachados Pulsos





Os céus são os meus bocados
E os bocados voltaicos cimentos
E os meus bocados são deslumbramentos
Nas mãos lindas, com gretas. Rachados
Os meus pulsos sangram as pessoas
E as pessoas são os carros onde ajoelhamos
Berros de horror junto às estradas.

Vibra um coro de tempo nas onduladas esparçantes
Ventanias de Inverno.

Sabe a sol

Carlos Pinto Vinagre