sábado, 29 de outubro de 2011

CONTRAPICADO DOBRE


DIME que só tu habitas este mundo
e que nunca ninguén me matou repetidas veces

eu crereite pechando os ollos

ou que cando me beixas se concentra o movemento
todo
na amálgama de saliva e carne quente que nos forma

e eu comezareite a bicar para sempre

dime tamén, se fas favor,
que o teu peito espido non agocha a porta das distancias
que nos percorren o alento de boca a boca

dime que a dirección do ondear dos teus cabelos
dime que o tempo na estación de tren en que te agardo
dime que a liña que trazan os teus pés no chan 
[ lambendo lousas

dime como, se fas favor,
e dime e para que te escoito 

Xabier Xil Xardón  (Premio de Poesía)

Sem comentários:

Enviar um comentário