segunda-feira, 28 de novembro de 2011

(Un poema é o negativo do silencio...) Yannis Ritsos

Crarean as mans pola resequedade
están brancas de alerxias
están abafadas de células nai
mais muda a pel
como muda o pelo nos gatos de maio
cada intre que pasa son menos eu
e no espello só miro para ollo de sangue
infraestruturas quebradas
caen como os berros dos nenos e nenas
ao saíren das aulas
botan adrenalina pola boca
mentras eu trágoa rebozada de fume
soa a soedade nas campás da catedral
mentras pasa un carro hipotecado pola rúa mollada
hai centos de maneiras de comunicarse
eu escollín a dos indios
sendo fillo de vaqueiros
cunha sensibilidade especial polos sorrisos
que non gasto
que non vés polo meu egoísmo
fundado por unha ética arcaica
pisoteada...en perigo de extinción.

ALFONSO RODRÍGUEZ

segunda-feira, 21 de novembro de 2011

Poemas do mundo e meio

                     I

Costuramos histórias com o barro
nas jornadas de lua,
lume em dor.
Prendida está a tardinha por sonhar
quando tendem as irmãs carícias
sobre a areia do mundo,
este chão de dança e solidão,
esperança telúrica dos ventos
que não sabem calar,
que não querem calar,
nós...

Iolanda Aldrei

Poema do libro "MULHERES entre poesia e luita". Unha colleita de versos de 22 voces femininas que cantan ao unísono na busca da xustiza e a igualdade; Andrea Nunes Brions, Belém de Andrade,Belém Grandal, Concha Rousia, Cruz Martínez, Dores Tembrás, Elvira Ribeiro Tobío, Eva Veiga, Fátima, Irene Veiga, Lucía Novas Garrido, María Nieves Soutelo, Margarita Ledo, María Reimondez, Marisa, Montse Varela, Rosa Enríquez, rosanegra, Susana Sánchez,Valentina Carro, Yolanda Castaño.


domingo, 13 de novembro de 2011

O último Círculo Poético Aberto do ano, ata xaneiro!

Jaime Moreda, rosanegra, Camila Vardarac, Servando Barreiro, Henrique Doria, Cruz Martínez, Virgílio Liquito, Fernando Rodríguez, Iria Bragado...  Foto de grupo tirada por Paola.

Público e amigos compartillaron momentos de poesía e música.



Disociais. Format réduit ( Daniel Landesa  e Isaac Mariño) 
Manolo Pipas



Dende as Açores Fernando Martinho Guimarães.


Ledicia  Costas



De São Paulo Nadia Afonso Stabile.

Penúltimo Acto (Cruz Martínez e rosanegra) quere agradecer a todos os participantes, amig@s, público que se achegaron ao último Círculo do ano. Mais lembrade, non é o derradeiro. En xaneiro estaremos de volta!. E agardamos poder contar coa vosa colaboración.
Grazas e saúde!!!

domingo, 6 de novembro de 2011

Únete ao Movemento Circular!!!

Outro mes máis... Seguimos circulando acto tras acto.
Este Círculo Poético Aberto é o último do ano, pero non o derradeiro.
 Achégate e comparte connosco a túa creatividade!

Teremos a Disociais. Format réduit (Daniel Landesa e Isaac Mariño), Fernando Martinho Guimarães (Açores), Nadia Afonso Stabile (São Paulo), Cristina, Alexandre Insua, Fernando Rodríguez, Iria Bragado, Virgílio Liquito... E porque non, agardamos por ti, anímate!.

O Círculo é un espazo en galego e aberto á música,  poesía, performance, audiovisual, etc. Non hai límite! é un laboratorio poético e artístico creado para tod@s.
Que a arte vos acompañe!


quinta-feira, 3 de novembro de 2011

Detrás da palavra


Porque vivo depois da morte
nos universos do trouso
à intempérie                    no escuro,
como pedides o meu canto
se o sol resseca os ossos
dos meus mortos
e... o silêncio dos pássaros
implosiona
nos buracos da antimatéria

No abissal enigma dos universos
na opacidade dos segredos
esvai-se a luz
e... a loucura engatilha-se na minha mente.

José Alberte Corral Iglesias