segunda-feira, 28 de novembro de 2011

(Un poema é o negativo do silencio...) Yannis Ritsos

Crarean as mans pola resequedade
están brancas de alerxias
están abafadas de células nai
mais muda a pel
como muda o pelo nos gatos de maio
cada intre que pasa son menos eu
e no espello só miro para ollo de sangue
infraestruturas quebradas
caen como os berros dos nenos e nenas
ao saíren das aulas
botan adrenalina pola boca
mentras eu trágoa rebozada de fume
soa a soedade nas campás da catedral
mentras pasa un carro hipotecado pola rúa mollada
hai centos de maneiras de comunicarse
eu escollín a dos indios
sendo fillo de vaqueiros
cunha sensibilidade especial polos sorrisos
que non gasto
que non vés polo meu egoísmo
fundado por unha ética arcaica
pisoteada...en perigo de extinción.

ALFONSO RODRÍGUEZ

Sem comentários:

Enviar um comentário