segunda-feira, 31 de janeiro de 2011

Vídeo-exposición


Resumo da Mostra de pintura, cerámica, fotografía e escultura en "O Casal de Ferreirós" Poio.
Inaugurada o 28 de xaneiro e aberta ata o 11 de febreiro.

sábado, 29 de janeiro de 2011

Imaxes da Exposición-Recital en "O Casal de Ferreirós"



Penúltimo Acto con: Augusto Fontám e Paula Pereira.


O Casal de Ferreirós acolleu un recital poético-musical e audiovisual o venres 28. No que participamos xunto a Augusto Fontám, Alfonso e Xavier Pindoulo e coa interpretación musical de Xán López.
Anteriormente inaugurouse a MOSTRA PINTURA,ESCULTURA,FOTOGRAFÍA,CERÁMICA
Paula Pereira, Sabela Domínguez, Helena Ayape, Cruz Martínez, rosanegra, Foni, Rafa Lage, Juan Villaverde, Enrique Leirachá e Fontám.

domingo, 16 de janeiro de 2011

Vídeo do Círculo

Entra connosco no movemento circular!!!


Na foto: Vicente Castaño, Iria Bragado, Roi Ferreiro, Jaime Moreda, Cruz Martínez, Simón Cabo, Dara Escribano e rosanegra.


O movemento circular pode ser imparábel, se todas e todos empurramos del coma se fose unha roda xigantesca. Podemos facer moitas cousas xuntos neste microcosmos que nós, "Penúltimo Acto", formamos coa idea e o desexo de sermos un todo por vós... un trípode que sosteña estes actos.
Cada Acto é sempre, un Penúltimo momento de verbas vivas que nos abranguen nun Círculo Poético para abrirnos máis aínda cara á Acción Poética.

segunda-feira, 3 de janeiro de 2011

Este sábado 15 de xaneiro

no café Uf, ás 21h.
Ademais de “Penúltimo Acto” confirmaron asistencia: Iria Bragado, Belém Grandal, Dara Escribano, Simón Cabo...