domingo, 22 de janeiro de 2012

Lanzamento de DEZAOITO


Adriana Pérez, José Alberte Corral, rosanegra (Rosa Martínez Vilas), Dara Escribano Lorenzo, Alfonso Rodríguez Rodríguez, Simón Cabo Escribano, Henrique Dória, Cruz Martínez Vilas, Alexandre Insua Moreira, José Manuel Barbosa Álvares, Iria Bragado e Fernando Rodríguez Carpizo.




O lanzamento do libro galego-portugués acolleu onte a once dos seus autores (José Manuel Barbosa, Iria Bragado, Simón Cabo, Jose Alberte Corral, Henrique Dória, Dara Escribano, Alexandre Insua, Cruz Martínez, Fernando Rodríguez, Alfonso Rodríguez, rosanegra) e a deseñadora gráfica  Adriana Pérez.
Ás 20 horas no "Negra Sombra" Café Uf en Vigo, foi a primeira das presentacións, que se farán en Galiza e Portugal para divulgar esta obra literaria, na que conflúen 18 voces nun sentimento de unificación cantando ao unísono nun mar de papel.
O libro será distribuído polo Consorcio Editorial Galego, en breve estará en todas as librarías da Galiza.




domingo, 15 de janeiro de 2012

Unha noite memorábel!!!

Virgílio Liquito, Manolo Pipas, Cruz Martínez, José Peixoto (josé fontes novas), Fernanda Garcias e rosanegra.
Henrique Dória

Joaquim Lopes

Comezou o ano cun novo Círculo Poético Aberto. Un encontro, entre amigos poetas, no que conmemoraron a forza da palabra fusionada coas melódicas cordas da guitarra. A noite rematou cun brinde de viño do Porto. A poesía segue conquistando corazóns!.
Unha aperta a tod@s aquel@s que se achegaron ao Círculo.




Manolo Pipas

Virgílio Liquito

Fernanda Garcias

José Fontes Novas

Cruz Martínez

rosanegra

terça-feira, 3 de janeiro de 2012

SUITE DUBLIN

I

os cisnes durmían sobre un campo
de soños e sentado no tren eu repasaba
o futuro. Nunca imaxinei este valor, nunca
enfrontei o frío, o baleiro, o silencio como nesta hora
na que todo fica absorto un refacho de plumas

II

a luz adormeceu nas túas costas
e o frío ficou lonxe
na abandonada extensión da ausencia.
O corpo durmido sobre o corpo
respiraba os impulsos dun latexar insomne
e o cristal do tempo loitaba por penetrar ata o colchón
e demorar nas sabas.
Pero era máis forte a tenrura
máis importante a perfumada pel e a adormecida
espera
(...)

Francisco X. Fernández Naval

Nº 13 
Grupo Poético de Aveiro
Fevereiro 2011