terça-feira, 27 de março de 2012

quinta-feira, 22 de março de 2012

DEIXA-ME FICAR LOUCA

Ó mar como tu brames
desesperado por alguém,
olha para mim, mas não me chames…
que eu grito e clamo também.
Temos tantas coisas em comum:
Amas a Terra em segredo…
eu amo também! Talvez mais um?
Mas do meu segredo, tenho medo.
Dá-me a tua força a tua coragem,
que eu peço à Mãe Natureza a liberdade,
para que sejamos nós a imagem
que para amar não há idade;
e nesse vai vem de maré revoltada,
sempre preso ao mesmo movimento…
eu nessa revolta me sinto situada,
dá-me tua prisão, neste momento.
Fecha-me numa cela a sete chaves.
Venda-me os olhos e
coloca-me um trapo branco na boca.
Esconde depois o chaveiro, onde só tu sabes
e deixa-me de amor, ficar louca!

Fernanda Garcias

sexta-feira, 16 de março de 2012

Presentación de "Dezaoito" na Libraría Pedreira de Compostela

Dezaoito na Libraría Pedreira

Iolanda Aldrei e Cruz Martínez

Alexandre Insua, rosanegra e Jaime Moreda

Virgílio Liquito

 Onte quinta feira, presentamos 18 na capital cultural da Galiza. A Libraría Pedreira fíxonos sentir integrantes dunha gran familia poética. A palabra escrita e a recitada fusionáronse nun ambiente acolledor e agarimoso. O noso agradecemento ás persoas que se achegaron a este acto e por suposto á Libraría Pedreira, todo un referente na cidade polo apoio á cultura. Moitas grazas!

quarta-feira, 14 de março de 2012

GaliciaConfidencial- Ducia e media de voces

"Dezaoito poderosas razóns, por tanto, para facerse con este 18 e deixarse engadar polas moi variadas propostas que as autoras e autores do Círculo Poético Aberto nos ofrecen neste volume, unha boa mostra de como a comuñón na palabra vence calquera obstáculo e amplifica as posibilidades de facer oír as voces."

Artigo de Armando Requeixo

Para ler o texto completo entra en:

domingo, 11 de março de 2012

Círculo Poético Aberto + presentación "Bandeiras da Galiza"

Foto tirada por Jose Goris

Cruz Martínez e José Manuel Barbosa Álvares durante a presentación do libro "Bandeiras da Galiza".


Fernando Rodríguez Carpizo e Iria Bragado
Alice Macedo Campos
Henrique Dória
José Manuel Barbosa



Manuel Vidal Villaverde
Ro Chilega

Dores Pereira
Alexandre Insua


Cruz Martínez
rosanegra

 Onte sábado 10 de marzo, houbo unha nova edición do Círculo Poético Aberto. Comezamos o acto coa presentación da segunda edición do libro "Bandeiras da Galiza". O autor José Manuel Barbosa fixo un amplo e interesante percurso pola historia e a simboloxía galega dende o seu primordio ata a actualidade. Rematamos o evento co recital poético dos autoras/es  galegos e portugueses que se achegaron ao Negra Sombra, para agasallar cos seus versos a un público entregado á lírica..
Aquí deixamos unhas instantáneas  dos/as poetas durante o recital.
O Movemento Circular é imparábel!!!

terça-feira, 6 de março de 2012

GaliciaDixital. 18 poetas, só 18

"18 poetas, só 18, de momento, completan a incontinencia de poetas que procuran futuro para a nosa lingua en moitas das modalidades expresivas e de forma que neste libro fican expostas. Cada un destes 18 poetas proclama a súa liberdade creadora, que xa non é pouco. Así é como este grupo de poetas conforma seu apousento no Olimpo da poesía galega actual."


Artigo de Xosé Lois García

Se queres ler o artigo completo entra en:

domingo, 4 de março de 2012

Dioivo -Círculo Poético Aberto

"O colectivo Penúltimo Acto, impulsado por Cruz Martínez e rosanegra, é o creador do Círculo Poético Aberto, que todos os meses, desde o 2010, se reúne no café Uf ‘Negra Sombra’ de Vigo. Por alí pasaron diversos artistas galegos, portugueses, italianos, palestinos... E Penúltimo Acto quixo deixar unha pegada, nun libro, de todos eses momentos compartidos arredor da literatura."
Artigo de Montse Dopico


Para ler o texto completo entra na ligazón:
http://www.dioivo.eu/creacion/letras/246-circulo-poetico-aberto-edita-un-libro-de-textos-dos-seus-participantes