sábado, 8 de dezembro de 2012

fragmento de "Contemplo o proceso inevitábel da despedida"




Os fotogramas sucédense 
e medran argumentos que cría afastados
 esquecidos
Áchome no reverso 
varada fronte aos meus naufraxios
abatida 
Pero, acaso chovía 
ou era unha bágoa impertinente
que abría o ceo do verso triste? 


Cruz Martinez Vilas


Primeiro premio no XXVI Certame de Poesía "Rosalía de Castro"
decembro, 2012  Cornellá - Barcelona.