domingo, 17 de maio de 2015

Exposición no UF de Antonio e Etelvino.



 Todo este mes de maio, no Café Uf, estará a exposición pictórica dos nosos amigos, Antonio Vergara e Etelvino González Espiñeira. Non a perdades, achegádevos a tomar unha caña e a gozar entre a pintura impresionista e somerxida na magnífica natureza que nos envolve, nun realismo perfecto do primeiro, e a ensoñación entre felinos do segundo, mollada do surrealismo case abstracto e especial, ateigada de modernismo.
Non agardesdes máis, que maio está a piques de rematar!!.
Os artistas posando no UF 


Penúltimo Acto (Cruz Martínez e rosanegra)
 posando cos pintores.




quarta-feira, 6 de maio de 2015

O Galego, a nosa garantía de futuro!

Penúltimo Acto quere apoiar a manifestación do Día 17 de Maio, o Día das Nosas Letras. Porque sen galego; nin temos futuro, nin temos raíces, nin temos nada. Pois  unha árbore para poder alimentarse e medrar, precisa das súas follas e das súas raíces. Viva o Galego e viva un futuro en Galego!!.

Asina o manifesto:http://www.queremosgalego.org/2015/05/04/manifesto-galego-garantia-de-futuro/

Máis información:
http://www.amesa.gal/queremos-galego-reivindicara-a-lingua-como-a-garantia-de-futuro-do-pobo-galego-este-17-de-maio/
http://www.queremosgalego.org/ (cidades e horarios)